-
Aceptación dos Termos de Uso e Modificacións
A visita ou acceso a este sitio web esixe a aceptación dos Termos de Uso que en cada momento se atopen vixentes nesta dirección.
-
Sobre cofc.es e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña
Cofc.es é a páxina web do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, a través da cal se prestan diversos servizos aos seus colexiados e visitantes sen ningún tipo de contraprestación monetaria. Ao visitar e utilizar cofc.es vostede acepta o feito de que o seu propietario resérvase o dereito para modificar ou suspender as páxinas dispoñibles, o sitio web, ou a borrar temporal ou definitivamente os datos que ofreceu, en calquera momento, sen aviso previo e sen ningún tipo de responsabilidade cos usuarios. Desta forma, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña (COFC) non ten responsabilidade algunha polo borrado de informacións, fallos no seu almacenamento, inexactitude dos contidos e outras circunstancias relativas á información da súa páxina web.
-
Política de Privacidade
De acordo co Regulamento UE 2016/679, e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais, ofrecémosche un resumo dos tratamentos efectuados través da páxina web do Colexio.
Se utilizas o formulario de contacto da nosa web, debes saber que:
- O responsable do tratamento dos teus datos é Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.
- ¿Por que temos os teus datos? Necesitámolos para contestar as peticións de información e contacto do noso web site.
- ¿Por que podemos ter os teus datos? Podemos utilizar os teus datos de contacto porque temos o teu permiso (artigo 6.1 a RGPD)
- ¿Daremos a alguén os teus datos? Non
- ¿Que podes facer respecto a os teus datos? Podes solicitar acceder, rectificar, cancelar, limitar o tratamento dos teus datos; só envíanos a túa solicitude ao Colexio tal como se explica máis abaixo.
- Delegado de protección de datos: Diego Fanjul Martínez (dfanjul@cofc.es o 981 223 014)
Máis información sobre política de privacidade. Contacto web:
- ¿Quen é o responsable do tratamento dos teus datos? Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña. Tes toda a información de contacto, así como localización aquí.
- Persoa de contacto/ delegado de protección de datos. Se tes calquera dúbida sobre esta política de privacidade ou en xeral, calquera dúbida relacionada cos tratamentos de datos persoais efectuados polo COFC, por favor contacta co noso delegado de protección de datos (Diego Fanjul Martínez, mail dfanjul@cofc.esou por teléfono ao 981 223 014.)
- ¿Para que solicitamos e utilizamos os teus datos? Utilizamos o formulario de contacto para facilitar a atención de solicitudes de información e responder ás mesmas. Conservamos os teus datos durante seis meses.
- ¿Por qué podemos ter os teus datos? Lexitimación: artigo 6.1.a; consentimento do interesado. Podemos utilizar os teus datos en tanto nos deches o teu consentimento para tramitar a túa consulta, petición de información.
- Destinatarios de cesións: non se prevén.
- Dereitos dos interesados: podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión ou limitación do tratamento remitindo carta certificada xunto con detalle da túa petición e fotocopia de DNI a Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, C/Riego del Agua, 29, 4º, á atención do delegado de protección de datos. Podes remitirnos tamén a túa solicitude a través dos seguintes correos electrónicos: cofc@cofc.es ou dfanjul@cofc.es.
Tes dereito a reclamar á Axencia Española de Protección de Datos se crees que algo está mal. Estaremos encantados de atenderte y faremos o posible por atender a túa petición sen que esto sexa necesario.
O COFC, con NIF Q1566002J, ten o seu domicilio en A Coruña, Rúa Riego de Agua, 29, 15001. Pode contactar con nos no teléfono 981 223 014, fax 981 226 191, a través do correo electrónico cofc@cofc.es ou nas oficinas de Riego de Agua, 29-4º en A Coruña.
O COFC efectúa outros tratamentos de datos relacionados co cumprimento das súas funcións estatutarias, sendo o máis destacado, a ordenación da profesión farmacéutica, que require a colexiación para o seu exercicio. Tamén sería posible o tratamento de datos de outros farmacéuticos colexiados noutra provincia, pero que exercen a súa profesión ocasionalmente na provincia da Coruña.
En relación con estes tratamentos, informámoste que:
- O responsable do tratamento dos teus datos é Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.
- ¿Por que temos os teus datos? Necesitámolos para facer posible o cumprimento das funcións legalmente atribuídas ao COFC e cumprimento dos seus Estatutos.
- ¿Por que podemos ter os teus datos? Podemos utilizar os teus no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento (artigo 6.1. (e) RGPD)
- ¿Daremos a alguén os teus datos? Sí, nos casos legalmente previstos e aos efectos de publicidade da condición de colexiado.
- ¿Que podes facer respecto aos teus datos? Podes solicitar acceder, rectificar, cancelar, limitar o tratamento dos teus datos; só envíanos a túa solicitude ao Colexio tal como se explica mais abaixo.
- Manteremos os seus datos mentres se atope colexiado ou para o cumprimento das funcións legal e estatutariamente previstas. Unha vez cese, se conserva expediente a efectos de arquivo en interese público e histórico.
- Delegado de protección de datos: Diego Fanjul Martínez (dfanjul@cofc.es ou 981 223 014)
O COFC tamén xestiona unha bolsa de emprego. En relación con este tratamento de datos, informámoste que:
- O responsable do tratamento dos teus datos é Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.
- ¿Por que temos os teus datos? Necesitámolos para inscribir ao interesado na bolsa de emprego do Colexio. En caso de oferentes de emprego, utilízanse para publicitar ofertas de emprego. Póñense en contacto aos solicitantes de emprego cos oferentes de emprego, facilitando a contratación dentro do colectivo profesional farmacéutico.
- ¿Por que podemos ter os teus datos? Para poder inscribirche á bolsa de traballo e publicar o teu perfil profesional necesitamos o teu consentimento (artigo 6.1a RGPD). Neste sentido é importante que entendas que unicamente se pode utilizar o servizo se son os teus datos. É dicir, unicamente podes subir o teu perfil profesional (non o doutra persoa). Se es oferente de emprego e publicas unha oferta, a base xurídica é o cumprimento de contrato do que o interesado é parte (artigo 6.1 b).
- ¿Daremos a alguén os teus datos? Si, a oferentes de emprego, de acordo con as características da túa demanda de traballo. Se ofreces emprego, utilizarán os teus datos de contacto os interesados na túa oferta.
- ¿Que podes facer respecto aos teus datos? Podes revogar o consentimento (cando a base do tratamento sexa este) e solicitar acceder, rectificar, cancelar, limitar o tratamento dos teus datos; só envíanos a túa solicitude ao Colexio tal como explícase máis abaixo.
- Actualización de datos. Dadas as características do servizo de bolsa de emprego, é importante manter actualizada a base de datos. En caso de producirse algunha modificación nos seus datos, por favor, fáganolo saber o antes posible.
- Manteremos os datos de acordo coa utilización do servicio de bolsa de emprego. É dicir, constante procura de emprego ou ofertas de traballo.
- Delegado de protección de datos: Diego Fanjul Martínez (dfanjul@cofc.es o 981 223 014)
Se presenta algunha queixa a través da nosa web (https://www.cofc.es/home/reclamacion) informámoslle que:
- O responsable do tratamento dos teus datos é Colegio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.
- ¿Por que temos os teus datos? Necesitámolos para inscribir a tramitación e atención da queixa recibida.
- ¿Por que podemos ter os teus datos? 6.1.f del RGPD. O tratamento é necesario para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento.
- ¿Daremos a alguén os teus datos? É posible que se proporcionen os seus datos de contacto se fora necesario para a tramitación de súa queixa ou resolución da reclamación (por exemplo, ao órgano ou persoa responsable ou á que se dirixe a reclamación)
- ¿Que podes facer respecto aos teus datos? Podes solicitar acceder, rectificar, cancelar, limitar o tratamento dos teus datos; só envíanos a túa solicitude ao Colexio tal como se explica más abaixo.
- Conservación de datos. Os datos conservaranse para a tramitación, atención e hasta a resolución da queixa.
-
Responsabilidade do usuario
O usuario é consciente da súa exclusiva responsabilidade pola utilización que efectúe da web cofc.es, eximindo ao COFC de responsabilidade de calquera tipo de demanda ou reclamación, incluíndo os honorarios de representación xurídica aínda que non fose preceptiva, que puidera ser interposta por un terceiro, debido a ou como resultado da súa conducta o a súa conexión a este sitio web, os contidos que ofrece, a violación destes Termos de Uso ou calquera outra violación dos dereitos doutra persoa ou parte.
-
Renuncia de garantías
Vostede entende e acepta que o uso deste sitio web e de calquera contido ofrecido élle ofrecido baixo o seu propio risco. Ofréceselle "tal como está", renunciando o COFC a todas as garantías de calquera tipo, explícitas ou implícitas. O COFC realizou un importante esforzo para ofrecer un sitio web seguro. Con todo, non podemos ofrecer garantías, implícitas ou explícitas, sobre a non interrupción de acceso á web, a falta de erros, a ausencia de virus, a puntualidade, a seguridade, a precisión, a confianza, en ningunha cualidade así como a necesidade de que calquera contido sexa seguro en calquera dos sentidos.
-
Limitación de responsabilidade
O usuario entende explicitamente e acepta que o COFC non será responsable de ningún dano directo, indirecto, extraordinario, incidental, crítico, ou con compensacións exemplares, incluíndo pero non limitado a, danos pola perda de beneficios, datos ou outras perdas intanxibles (mesmo se notificamos a posibilidade destas perdas), como resultado de (i) o uso ou a imposibilidade de utilizar a web, (ii) o custo para obter substitución dos bens e/ou servizos como resultado de calquera operación realizada en ou a través da web, (iii) un acceso non autorizado ou a alteración da transmisión dos seus datos, (iv) declaracións ou condutas de calquera terceiro na web, ou (v) calquera outro asunto relativo á mesma.
Direccións de interese, enlaces. A nosa web contén enlaces que consideramos de utilidade. O COFC non ten coñecemento de que as actividades o informacións proporcionadas sexan ilícitas ou lesionen bens ou dereitos de terceiros.
-
Reserva de Dereitos
Quedan reservados todos os dereitos, incluíndo pero non limitado a calquera dos dereitos de autor ou copyrights, marcas rexistradas, e calquera outro dereito de propiedade industrial ou intelectual sobre este sitio web e os seus contidos. O uso dos dereitos e propiedades do sitio web do COFC require consentimento explícito por escrito e por adiantado. O COFC non ofrece ningunha licenza implícita ou explícita ou os dereitos para facer uso, comercial ou non, do seu sitio web sen autorización expresa e previa.
Todo enlace de terceiros a cofc.es debe selo á súa páxina principal, quedando expresamente prohibidos os "links profundos", o "framing" ou calquera outro aproveitamento dos contidos da web a favor de terceiros non autorizados.
-
Lei aplicable
Ao utilizar este sitio web vostede acepta que estes Termos de Uso, e calquera tipo de disputa relativa ao uso deste sitio web, serán interpretados conforme as leis vixentes no lugar de residencia do propietario deste sitio web, A Coruña, España, Unión Europea.